Aquafit

O teu centro deportivo,
un espazo seguro

Preguntas
frecuentes

  1. PODO ACCEDER CON NORMALIDADE AO MEU CENTRO DEPORTIVO?

    Si, claro! Pero se vas realizar algunha actividade dirixida non te esquezas de reservar a túa clase a través da nosa app. No resto de espazos, sala fitness, piscina, etc, o aforo será controlado permanentemente por persoal do centro.

  2. ESTÁN ABERTAS TODAS AS ZONAS DEPORTIVAS?

    Si, todas as zonas deportivas dos nosos centros están operativas, incluída a piscina. Ademais, na maioría dos centros, a zona SPA tamén está aberta.

  3. ESTÁN OPERATIVOS OS VESTIARIOS, DUCHAS E GARDARROUPAS?

    Si, tanto vestiarios, duchas e gardarroupas están operativos. Sinalizamos o lugar onde debes situarte, así como os gardarroupas habilitados para garantir a distancia de seguridade. Ademais habilitamos gardarroupas noutros lugares da instalación, para deixar as túas pertenzas no caso de que non queiras acceder aos vestiarios. Naqueles centros que non dispoñan de gardarroupas fóra de vestiarios, permitirase como maneira excepcional entrar coas pertenzas aos espazos deportivos.

  4. É SEGURA A ZONA DE AUGAS E SPA?

    Si, ademais reforzamos a desinfección da auga e faremos un control continuo dos parámetros da mesma para garantir os niveis adecuados. Ademais a maioría dos nosos centros contan cun sistema complementario de desinfección por luz ultravioleta. Podemos garantirche que a nosa zona de augas é unha zona limpa e segura.

  5. É CERTO QUE O ACCESO É GRATUÍTO PARA USUARIOS DO 22 AO 30 DE XUÑO?

    Si! Sempre que te mantiveras como abonado con cota conxelada, poderás acceder ao teu centro de maneira gratuíta do 22 ao 30 de xuño, non xiraremos recibo ata xullo.

  6. QUE PASA COS DÍAS DE MARZO PAGOS E NON GOZADOS?

    Compensarémolos na cota de xullo, restaremos da cota de xullo os días non gozados en marzo.