Aquafit

O teu centro deportivo,
un espazo seguro

Medidas de seguridade
COVID-19

ACCESO Á INSTALACIÓN

  1. NON SE PERMITE O ACCESO

    • Se o usuario presenta síntomas compatibles coa enfermidade COVID-19.
    • Sen facer uso de máscara protectora.
  2. É OBRIGATORIO PARA ACCEDER

    • A toma de temperatura corporal ao socio, non permitíndose o acceso se presenta unha temperatura superior a 37,5 graos centígrados ou aquela que poidan establecer as autoridades sanitarias e que fose compatible con síntomas de COVID-19.
    • O uso de pulseira ou tarxeta de acceso.
    • A desinfección do calzado mediante as alfombras colocadas para o efecto.
    • O lavado de mans con hidroxel alcohólico.

DENTRO DA INSTALACIÓN

  1. FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS

    • Implementaranse as ferramentas tecnolóxicas necesarias para o control de aforo que determinen as autoridades en cada momento.
  2. Non se permite

    • O uso de fontes de auga.
    • O uso de tótems de reservas.
    • O uso de ascensores, agás en casos xustificados.
  3. É OBRIGATORIO

    • O uso de máscara nas zonas comúns.
    • O uso de dobre toalla na realización de actividades deportivas.
    • Respectar a señalética e as instrucións do persoal.
    • Usar só as máquinas habilitadas.
    • Respectar a distancia de seguridade.
    • Situarse onde determine a señalética colocada para o efecto.
    • Cumprir coa normativa específica de cada espazo e/ou actividade.
    • Pulverizar con líquido desinfectante as máquinas e o material utilizado, antes e despois do seu uso.
    • Colocar o material usado no lugar habilitado para iso.
    • Respectar os tempos das reservas de actividades e uso de espazos.
  4. RECOMÉNDASE

    • O lavado frecuente de mans con hidroxel alcohólico.
    • Evitar o uso dos secadores.
    • Evitar o uso das duchas.
    • Evitar o uso dos aseos.