studio pilates
arteixo
arteixo
PRESENTACIÓN
AQUAFIT XESTIÓN S.L., vén prestando servizos para a administración pública e no sector privado, na xestión de INSTALACIÓNS ORIENTADAS Á SAÚDE, OCIO Y DEPORTE dende o ano 1.997.
Realizamos unha xestión integral deste tipo de instalacións tendo como máxima a plena satisfacción dos nosos clientes, tanto os usuarios das instalacións coma os propietarios (a administración), así como do persoal que traballa connosco, que son a cara visible da empresa.
AQUAFIT nace co ánimo de ocupar o espazo abandonado por outras empresas de referencia no sector, máis interesadas na construción e xestión en grandes poboacións que na xestión de instalacións en poboacións pequenas e medianas. Grazas ao noso coñecemento e experiencia cremos que podemos cubrir esta demanda ofertando un servizo de calidad.
O noso organigrama de xestión nas instalacións deportivas segue unha a liña que está testada e ofrece moi bos resultados. Na nosa filosofía de empresa o usuario/cliente é o primeiro e a nosa máxima intención é conseguir a súa satisfacción. A mellor forma para logralo é a través de actividades que favorezan e melloren o seu BENESTAR PSICO-FÍSICO.
Esta busca do BENESTAR do usuario será que oriente a nosa forma de xestionar as instalacións e que determine a nosa carta de servicios.

INSTALACIÓNS XESTIONADAS:

- Contrato de Xestión do Servizo Público, na modalidade de Concesión Administrativa, para a Xestión, Explotación e Mantemento da PISCINA climatizada DE RIANXO - A Coruña (CONTRATO EN VIGOR DENDE O ANO 2.014).

- Contrato de Xestión do Servizo Público, na modalidade de Concesión Administrativa, para a Xestión, Explotación e Mantemento da PISCINA MUNICIPAL climatizada DE CAMBADOS - Pontevedra (CONTRATO EN VIGOR DENDE O ANO 2.015).

Esta web utiliza cookies para ofrecer un mellor servizo. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Aceptar cookies | Más información
Inicio
Inicio

Presentación
Nosotros

aquafit